Páxinas

sábado, 10 de febreiro de 2024

O ENTROIDO

 





O ENTROIDO  VAI XIRAR SOBRE AS VIAXES POLO MUNDO, ASI QUE 

SEGUINDO AS ORDES DO MECO ESTAMOS PREPARADOS PARA INICIAR A SEMANA.















Debido ao mal tempo,tivemos que facer cambio de planes e  transladamos para o vindeiro venres 16 o desfile pola rúa peonil do Calvario.

Asi que este día o adicamos aos postres típicos do entroido:

filloas, orellas ,flores,...

                             Foi unha gran merendola!!!


















xoves, 25 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

 

O 30 de xaneiro conmemórase o día  da paz e non violencia.

Este ano imos a dedicar unha semana para realizar cada día unha actividades que favorecen a PAZ e o bo entendemento entre todos.

Este é o cartel das actividades propostas:






Este ano, para conmemorar o Día da Paz, imos celebrar a 3ª Edición da Marcha 

pola Igualdade  a favor da Asociación DISCAMINO.

Esta asociación xurde en Vigo no ano 2009 para unir discapacidade e Camiño de Santiago, e así axudar a persoas con problemas de mobilidade a cumplir o seu soño de peregrinar a Santiago.

Como en anos anteriores, cada participante buscará entre os seus familiares e coñecidos patrocinadores que valoren o seu esforzo cunha pequena achega económica  que servirá para axudar a asociación Discamino.

Cos cartos que cada participante recolla dos seus patrocinadores faremos a correspondente doazón aos compoñentes de Discamino para que poidan seguir adiante cos seus retos.


Ao tratarse dunha marcha solidaria a finalidade non é a vitoria senón a participación e colaboración de todos e todas: poderase camiñar ou correr según as posibilidades de cada quen.

Neste video podedes ver as noticias no telexornal sobre Discamino 



PREPARADOS PARA A CARREIRA!!


                                        

                                  TODA A RAPAZADA CHEGOU A META E GOZOU DO DÍA




Grazas mamás por axudarnos na carreira!!





O MARTES RECIBIMOS A VISITA DE UXÍA 

 Se queredes saber máis  sobre ela e escoitar algunha canción, premer enriba do enlace e entra no o blogue de normalización lingüística do cole. 

                                                                      CANCIÓNS DE UXÍA


Así recibiron a Uxia o alumnado de 3º e 4º .
                                                                    Fotos da visita de Uxía





Durante toda a semana fixemos en clase  actividades relacionadas coa paz.







GRAZAS A TODOS OS PATROCINADORES E APOSTAR POR ESTA MARCHA.


A CANTIDADE  RECAUDADA FOI DE 1.207,49€


RETO CONSEGUIDO!!





martes, 19 de decembro de 2023

XA ESTÁ EIQUÍ O NADAL

Ola rapazada e familias!!

A que vos gustan estas felicitacións de nadal tan divertidas??

Pasade unhas boas festas e vémonos o 8 de xaneiro.















sábado, 2 de decembro de 2023

EXPLORANDO O RÍO LAGARES

 O RÍO LAGARES

En sociais estudaron a importancia que ten a auga no noso planeta Terra, os Mares,ríos,...


Xa que vivimos nunha cidade que ten río e mar, decidimos facer unha saída para ver  " In situ" onde nace o río Lagares, facer un percorrido polo curso medio e ver onde desemboca no curso baixo.















venres, 24 de novembro de 2023

25 DE NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE GÉNERO

 

Na clase do proxecto competencial, estivimos vendo o vídeo" o impermeable de Aurora". 

Este deunos pé para falar o que lle pasaba a nena, que era o chubasqueiro e que sentimentos despertaban neles.



Despois de falar largo e tendido sobre o tema decidimos facer nós tamén un chubasqueiro como o de Aurora e escribir palabras contra a violencia de xénero e a favor da igualdade.